Hoxe na nosa biblioteca quixemos festexar o Día da paz dun modo diferente, compartindo a mañá cos compañeiros do centro San Xerome Emiliani. Reunímonos ao redor dun libro, a historia do homiño de papel que só podía contar historias tristes aos nenos, ata que descubriu as cousas boas da vida: as cores, a beleza, a solidariedade, a amizade…
Pero tamén houbo tempo para o xogo. Os alumnos do Emiliani trouxeron o seu dominó, os bolos e a rá.
E despois volvemos ao traballo. Ensináronnos a facer marcapáxinas e chapas. Cada un puidemos levar un recordo do noso encontro. Eles convertéronse nos nosos maestros.
Grazas aos alumnos e aos profesores do centro San Xerome por compartir con nós esta mañá na nosa Quinta!
Parabéns pola iniciativa. Precisamos abrir os ollos e os corazóns a outras realidades, si.
ResponderEliminarPasámolo moi ben. Agora temos que ir nós ao San Xerome.
ResponderEliminarGrazas Cristina. Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para os alumnos.
ResponderEliminarQue marabilla...grazas a todos e a todas, profes por organizar e alumnos-as polo voso entusiasmo.
ResponderEliminarGrazas ao San Xerome porque sempre está disposto a convivir co CPI...eles tamén son marabillosos.Loli.
Fue muy divertido conoceros y pasar un buen rato con ellos. Sobre todo porque ganamos al dominó. Jaja
ResponderEliminarEstivo ben. Comezamos un pouco tímidos pero acabamos con moitas risas. Os marcapáxinas quedaron moi bonitos. A mín gustaríame repetir.
ResponderEliminarQue pena! A min non me baixaron, cando volven?
ResponderEliminar