O venres, día, 24 de febreiro, foi o Día de Rosalía de Castro. Dende o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca quixémonos unir á celebración deste evento.
Para iso, contamos coa axuda do alumnado de 4º ESO A, que foron polas clases ler un poema da nosa autora e agasallaron cunha flor, o alumnado e o profesorado, Ana a administrativa, Rodrigo e Proba, Loli...
Entre outros poemas leron: Fun un domingo, Pra a Habana, Si a vernos Marica, nantronte viñeras... Tamén recitaron o poema que lle adicou Curros a Rosalía cando foron trasladados os seus restos a Bonaval.
No recreo escoitamos pola radio versións musicadas de Nao, Quenpallou, Guadi Galego, Carlos Núñez e outros autores que fixeron dalgúns dos seis textos máis representativos. A actividade foi moi bonita. Todo o mundo quedou encantado con esta iniciativa. O ano que vén seguiremos celebrando a día da nosa Rosalía. Contamos con vós, para que Rosalía estea sempre presente!!
Grazas aos profesores e aos alumnos que nos fixeron onte este agasallo!
ResponderEliminarfoi mui divertido una experiencia digna de repetirse :)
ResponderEliminar