venres, 12 de outubro de 2012

Espallando os libros

Este curso continuamos ca campaña de animación á lectura "Eu leo, e ti?". A nosa Quinta e a biblioteca do concello deixa libros en tres establecementos do Rosal para que viaxen polas casas do Rosal. A que esperas para coller un?


1 comentario:

  1. Grazas a todas as persoas que participan nesta actividade. Ao concello por axudarnos a levala a cabo, aos establecementos por adoptar desinteresadamente as caixas con libros nos seus locais, e aos lectores do Rosal por mergullarse nas historias que lle ofrecemos. Grazas!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.