xoves, 25 de outubro de 2012

Hai un campión entre nós

Este curso estamos a traballar sobre o noso concello. Un dos aspectos en que nos imos deter é o deporte, dada a importancia que ten no Rosal e no noso centro. Por iso non queriamos deixar esta ocasión sen darlle a palabra a un campión, Gabriel Marcelli, alumno de 1º da ESO. Os seus compañeiros foron os encargados de facerlle unha entrevista acompañados polo profesor de educación física. Aquí tedes o resultado.


O deportista rosaleiro Gabriel Marcelli, de tan só 12 anos de idade, vén de proclamarse o pasado 7 de Outubro de 2012 Campión de España na Categoría Xuvenil de Trial en 125cc na última proba do campionato realizada en Madrid.
Ademais o vindeiro 28 de Novembro podería proclamarse tamén Campión Galego de Trial na Categoría Junior, onde compite con adversarios de entre 16 e 29 anos de idade, tendo unha vantaxe de 10ptos sobre o segundo clasificado.
Gabriel Marcelli complementa os seus estudos académicos (actualmente cursa 1º de ESO) cos adestramentos, que na tempada de verán realízanse unhas 3 ou 4 veces á semana e no inverno os fíns de semana.
1. Como foi o resultado final da proba junior de Madrid?
Gañei a proba final de Madrid onde antes de empezar tiña 2 puntos de diferenza co segundo clasificado, un rapaz catalán, Oriol Pi de 13 anos. 
2. Sabemos que no campionato galego junior vas moi ben clasificado. É así? 
Si, vou primeiro con 10 puntos sobre o segundo e quedando terceiro na derradeira proba serei campión galego junior. 
3. Quen é o teu ídolo? 
En Galicia é Jorge Casares e en España o catalán Toni Bou e Albert Cabestany 
4. Qué moto tes? 
Teño dous, unha gas gas de trial e unha kawasaki de enduro. 
5. Quen te animou a empezar no trial? 
Kike Mato, un corredor de enduro, que é de Vigo e ás veces vén ao Rosal. 
Parabéns, Adrián, por este triunfo. Grazas e moita sorte nas seguintes competicións.

1 comentario:

Que esta Quinta estea viva depende de ti.