xoves, 8 de novembro de 2012

Os pequenos cóntannos

Os máis pequenos do cole queren compartir con nós a súa sesión de contacontos. Gozaron das historias que lle relatou Tere e deixáronnos un agasallo para todos nós.

Comezamos cun conto "Que risa de rata"; a historia dunha rata malísima que quería comer as tres toupiñas. Por suposto non o conseguiron. Despois puxémolo en escena, facendo a nosa propia representación. Eva era a rata Lambelala. Saiunos mo ben.
E por último, contáronnos o conto de "Nadarín", un peixiño moi listo o que se lle ocorre unha gran idea para escorrentar o gran atún. Ademais fixemos este mural "tan chulo". Ata a próxima!





1 comentario:

  1. Paseino moi ben e foi moi divertido!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.