Pasou a noite dos mortos e a semana do terror. Os relatos de medo están de novo nos estantes, agardando o ano que vén agochados, ou ata que alguén se atreva a collelos de novo. As cabazas xa abandonaron a entrada do colexio. Mais unha se resiste a marchar... Sabedes por que?
Porque os seus creadores, os gañadores do primeiro premio do concurso de cabazas, agasallaron a nosa Quinta con esta obra de arte. Moitas grazas e parabéns polo premio!
Grazas polo voso agasallo. Estamos encantados de que nos deixedes a vosa obra de arte neste recuncho do centro.
ResponderEliminar