luns, 10 de decembro de 2012

Petróglifos en Eiras e Tabagón


Os rapaces de 1º da ESO andan a investigar a historia do noso concello. Xa indagaron sobre os petróglifos e agora dannos a coñecer os que se atoparon este verán no Rosal.

Os petróglifos descubertos Rosal atopounos Palmira Vaquero en Eiras e Tabagón principalmente. O mércores 15 de agosto de 2012, Palmira confirmou a localización deste xacemento. Están gravados en xisto, miden 7m x 5m, de altura non supera o metro. Principalmente os debuxos son figuras de círculos concéntricos circulares, que poderían ser espirais.
Sofía Martínez


Recentemente se descubriu un novo gravado rupestre en Eiras onde se observan cantidade de figuras de círculos concéntricos, algúns con coviña central, cuadrangulares inscritos, algúns con puntos, serpentiformes. Aparecen nos petróglifos figuras curiosas non frecuentes nos petróglifos do Baixo Miño o que fan que deben de ser estudados.  
Francisco Méndez Días 


E ti, coñécelos?

2 comentarios:

  1. Grazas rapaces polo voso traballo! Entre todos imos coñecer un pouco máis o concello do Rosal.

    ResponderEliminar
  2. sofi de 1ºB12 decembro, 2012

    Grazas por elixir a miña redacción.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.