venres, 8 de novembro de 2013

Lectura dixital

A Quinta dos libros quere compartir cos seus lectores unha boa nova. No mes de xaneiro saíu a resolución da convocatoria do proxecto E-LBE, polo que se concedía aos centros educativos libros electrónicos. En vista do interese espertado por esta iniciativa a Consellería asignou contías a 90 centros de Galicia para mercar estes dispositivos electrónicos. 


Digital book / Libro dixital (ilustración de Ercan Baysal)

O noso centro foi un dos escollidos. Proximamente nos estantes da Quinta haberá catro e-books agardando por novos lectores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.