venres, 6 de decembro de 2013

Unha vida de loita contra as inxustizas

Grafiti de Mandela nas rúas de París

Nuns días nos que estamos a falar dos Dereitos Humanos morre unha das persoas que máis loitou por eles. Nelson Mandela foi o primeiro presidente negro de Sudáfrica e home clave para acabar co réxime racista do apartheid. En 1993 gañou o Premio Nobel da Paz, polas súas achegas na loita a favor dos Dereitos Humanos.

Se o queres coñecer un pouco máis preme nestes enlace:

 "Se falas a un home nunha linguaxe que comprende, iso chega á súa cabeza. Se lle falas na súa linguaxe, iso chega ao seu corazón."
Nelson Mandela

1 comentario:

  1. Recomendo o documental: Mandela, o home da liberdade. É moi interesante.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.