Tiñamos unha cita importante. O alumnado de 4º de secundaria e o profesorado quedamos para agasallarnos cunha lectura. Descubrimos o que o noso amigo invisible tiña para nós. E cada un marchamos cun libro e unha flor.
Esta entrega converteuse nunha festa porque era un gran día. Acabamos de coñecer que o noso blog recibiu o Premio Espiral Edublogs. Hoxe comezamos a festexalo!
Unha representación do equipo de biblioteca |
Un gran día para os lectores desta Quinta.
Moitas grazas ao meu amigo/a invisible! Xa teño ganas de lelo.
ResponderEliminarEu tamén lle quero dar as grazas á miña amiga invisible. Tiven a sorte de recibir un bo cómic acompañado dunha emocionante dedicatoria.
ResponderEliminarGrazas amiga!
Quero agradecer o regalo ao meu amigo ou amiga invisible. Estou segura que vou aprender e gozar coa lectura.
ResponderEliminarGrazas. Elena