sábado, 28 de xuño de 2014

Hora de facer balance

Chega o verán e a quinta pecha as súas portas ata o curso que vén. Remata un ano cargado de lecturas, de traballo e de boas novas. Na sección Feito por min  e nos blogs locen as producións que fixo o alumnado deste centro guiados e orientados polos seus profesores.


Foi un ano especial porque a dedicación, o esforzo e a ilusión de todos foron recoñecidas con dous galardóns: Premio Irmandade do Libro, polas actividades de fomento da lectura do 2013, e o 1º Premio (Buxaina de ouro) na VIII Edición dos Premios Edublogs.



Conseguemos este éxito grazas a todos vós, lectores e usuarios da quinta que conseguides día a día que esta biblioteca estea viva. 

Feliz verán e boas lecturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.