Levamos unha semana de curso e xa recibimos a visita dos nosos ex compañeiros que comezaron unha nova etapa no instituto. Aproveitaron a ocasión para facer uso do seu carné de lectores e pasar un rato na súa biblioteca. É unha satisfacción recibilos, pasar un ratiño con eles e escoitalos.
Pasan os anos e esta familia de lectores vai crecendo pouco a pouco. É un orgullo ver como a pesar de non estar no centro botades de menos a vosa Quinta.
O mellor desta biblioteca sodes VÓS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.