É un gusto poder falar das nosas paixóns, de historias, de libros, de NÓS. É un gusto poder falar. E onde mellor que na consulta médica da nosa biblioteta. De novo abriu o CML, Centro Médico de Asistencia Lectora.
Acudimos a el porque cura calquera mal, con terapias 100% naturais, con certa dose de humor e con moita complicidade entre os doutores e os pacientes.
Grazas a Doutora Leonor, a Doutora Inés e ao Doutor Xosé Tomás polas súas receitas: aos pacientes pola súa ilusión e entrega e a todos os que conseguides que o CMAL funcione: equipo técnico, axudantes e directores.
Esta clínica non para de crecer. Cada vez son máis os que
nos botan unha man: César e Iván na cámara, Alex no ordenador, Uxía,
Tamara, Magdalena, Lino, Adrián, Celia, Hadrián e Alex na organización.
Grazas por estes bos momentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.