luns, 26 de xaneiro de 2015

PAZ

Son moitos os problemas, as inquedanzas e preocupacións que nos rodean día a día. Na quinta queremos buscar pequenos remedios que nos axuden a mellorar e a crear unha sociedade máis xusta. Por iso, o día 30 de xaneiro, repartiremos versos, palabras, historias ... Coma as que rescataron os alumnos de 3º de PDC para crear esta nube de palabras.
  • Abrimos o CMAL nunha consulta diferente. Desta vez uns medicamentos moi especiais repartiranse na Farmacia de Garda do CMAL.
  • E despois do recreo os máis pequenos poderán gozar dos contos e da música da man de Suso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.