domingo, 1 de febreiro de 2015

"Atención domiciliaria" do CMAL








O día 30 de xaneiro os doutores do CMAL abandoaron a súa consulta na biblioteca para facer "atención domiciliaria". Acudiron a todas as aulas de primaria levando un remedio especial para a PAZ. Ana e Celia foron as encargadas de saudar e presentarse aos seus compañeiros.


Deixaron en cada clase unha menciña preparada con esmero para eles: un poema que leron Alex e Hadrián. Agora serán as profesoras as encargadas de administrar a dose necesaria cada día para que faga efecto.

 

Grazas a Ana, Celia, Alex e Hadrián polo seu traballo
e a todos os que os recibiron nas súas aulas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.