martes, 24 de marzo de 2015

Cambios na Quinta



Na Quinta estamos de novo de cambios. Queremos mellorar algunhas das nosas seccións. Agora podedes temos máis espazo para os libros de coñecemento.

E cada un dos números da CDU aparecerá acompañado de ilustracións que nos axudarán a atopalos.


Deste xeito tamén facemos presentes na biblioteca ao exalumnado que fixo estas láminas. Forman parte dunha oca xigante que crearon os alumnos na materia de plástica no curso 2010-2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.