O alumnado de 3ºA traballou a ópera de Humperdink, Hansel e Gretel. O primeiro paso foi o
achegamento á ópera desde distintos aspectos.
Na aula fixemos audicións e
visualizamos pequenos fragmentos en distintas sesións. Por outro lado, comezamos o achegamento
ao conto popular de Hansel e Gretel e comezamos a preparar os
diálogos para a dramatización do conto. A versión estaba baseada
na ópera de Humperdink “Hansel e Gretel”.
Fixemos unha selección (por votacións)
dos intérpretes de cada papel e nos puxemos a traballar nos
decorados. O decorado consistiu nun enorme libro
que iría abrindo as súas páxinas segundo fora transcurrindo a
historia. Isto levounos todo o curso.
Mentres, iamos ensaiando cada parte e
traballando a vocalización, a coordinación, a espera (había que
esperar o quenda en silencio para non interromper a atención do
público), a expresión corporal, a cooperación, os diálogos (nos
quendas das intervencións), a compaxinación, o ritmo (tiña varias
partes de baile), a entoación (tiña cancións), a expresión
xestual, a dicción, a memoria (en aprender o seu papel), a
autonomía (había que cambiarse de roupa varias veces ao longo da
obra). Foi un traballo moi interesante.
O resultado final foi unha obra de
teatro con moitos efectos especiais na que confluíron a ópera, o
teatro negro e que foi moi ben interpretada. Conseguiuse máis
cohesión no grupo, moita máis autonomía nos rapaces, motivación
cara o traballo grupal e cooperativo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.