É un luxo poder compartir unha charla coa autora do libro que acabas de ler. Falar da historia, do proceso de inspiración das anécdotas... Tiveron este privilexio os rapaces de 6º de primaria e de 2º de secundaria. Os máis pequenos leran Escarlatina, a cociñeira defunta e os maiores O corazón de Xúpiter e Recinto gris. E hoxe puideron coñecer mellor as obras da man da súa autora.
Grazas, Ledicia, pola visita aos lectores da nosa quinta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.