luns, 1 de xuño de 2015

Antes e despois dos "Corrales de comedias"

O alumnado de 3º ESO na materia de Lingua e literatura castelá traballou o teatro español dende a Idade Media ata o século XVIII. A finais da segunda avaliación presentouse este tema aos rapaces que poderiamos recoller baixo este título: “Antes e despois dos Corrales de comedias”.

Posta en escena




Primeiro indagamos sobre diferentes aspectos relacionados co teatro e fixemos exposicións orais do aprendido aos noso compañeiros. 

Un cadro, un texto teatral
O segundo paso foi crear un texto teatral a partir dun cadro que buscamos nos libros de arte da biblioteca.

Creación de carteis

Elaboramos os nosos carteis informativos. Primeiro buscamos e seleccionamos a información na biblioteca e posteriormente na aula de informática creamos os nosos carteis.

Lemos teatro
Todos lemos algunha obra de teatro e compartimos as nosas lecturas no noso blog. A actividade deste trimestre foi colgar unha fotografía cun lema que incite a ler a obra. Estamos a facer códigos QR para pegarlle a todos os libros escollidos da biblioteca.
Os viaxeiros de Expedición al Parnaso

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.