Por segundo ano o alumnado de PDC inicia o curso preparando as sesións de formación para os seus compañeiros de 1º ESO. Estes días deseñaron as actividades que van facer con eles e repasaron cuestións básicas sobre o funcionamento da biblioteca.
A mellor maneira de aprender e ensinando aos demais e compartindo con eles o aprendido. Moitas grazas rapaces pola vosa colaboración e o entusiasmo que poñedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.