mércores, 2 de marzo de 2016

Somos nativos dixitais

O vindeiro venres 4 de marzo o noso centro formará parte dun proxecto educativo europeo chamado "We are all digital natives". O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Vigo, dedicado á formación do profesorado, é socio deste proxecto, xunto con catro ONGs de Dinamarca, Alemanña, Italia e Reino Unido. O proxecto consiste en analizar e compartir os mecanismos polos que as novas tecnoloxías, as redes sociais, e internet en xeral poden mellorar os nosos traballos.
Este ano os socios europeos veñen de visita ao CFR de Vigo, para observar os métodos e experiencias que aquí se levan a cabo nese eido. E dende Vigo decidiron que o noso centro e, en concreto a nosa Biblioteca, é un bo exemplo para amosar aos visitantes.

Un grupo de alumnos serán os encargados de presentar en inglés este acto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.