luns, 25 de abril de 2016

OBRADOIRO DE BEATBOX



Hoxe visitou a nosa Biblioteca Carlos Gende, un mozo de Cerceda que nos veu impartir un obradoiro de beatbox, que é unha técnica emparentada co rap, que se vencella ao hip-hop.
Caracterízase porque se realiza todo o acompañamento instrumental coa propia voz. Pasamos dúas horas moi divertidas. O obradoiro estaba dirixido ao alumnado de 3º da ESO e PMAR. 

Ao final do obradoiro cantounos dúas cancións que nos fixeron vibrar e levantarnos dos nosos asentos.


Grazas a Carlos por facernos pasar unha mañá moi musical e moi divertida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.