domingo, 29 de maio de 2016

Aprender e compartir

Este curso iniciouse un novo proxecto na biblioteca denimonado RA na quinta, co que se pretende achegar ao alumnado a realidade aumentada. Un dos produtos finais deste traballo foi a creación dunha GUÍA DE USUARIOS. Para a súa elaboración contouse coa colaboración do alumnado de 4º PDC. Durante dous anos eles foron os encargados de formar aos seus compañeiros de 1º ESO. Así que aproveitaron eses coñecementos para deixalos plasmados en vídeos e podcasts.

Estes días están a amosar o seu traballo aos seus compañeiros. Os primeiros en coñecelo foron os rapaces do club de lectura ao que eles pertencen.

Tamén os máis pequenos do centro puideron gozar desta sesión na que coñeceron un pouco mellor a súa biblioteca.


Moitas grazas polo voso traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.