luns, 27 de xuño de 2016

Rematamos

Remata o curso e a Quinta pecha as súas portas


Remata unha etapa
Durante sete anos a quinta foi organizada, xestionada e dinamizada por un grupo de profesorado do centro. O noso principal obxectivo era que os nenos e nenas deste colexio gozasen das lecturas, das historias e do coñecemento; sen esquecernos de que sempre se sintan orgullosos da súa biblioteca. Por eles e con eles traballamos con ilusión e entusiasmo cada curso.  

Agora chegou o momento de deixarlle o temón a outros. Desexámoslle moita sorte nesta nova etapa e que disfruten desta experiencia coma o fixemos nós.

Grazas a todos os que nos apoiaron e nos axudaron 
para que este proxecto saíra adiante.
Grazas aos que durante estes anos formaron parte do equipo.
E grazas aos nosos usuarios por confiar en nós 
e manter viva a quinta cada día. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.