Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos.
O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
- Eh! Iso que describes semella moito ao Bee-Bot!
- Si, pero moito mellor por varias razóns. Entre elas, vou destacar algunhas:
1. É feito por ti. E os teus alumnos, fillos, primos pequenos... Calquera pode axudar participando no proceso dende o principio. O pracer de construir o teu propio escornabot fai que sexa unha experiencia estupenda, sobre todo se hai nenos participando.
2. É un proxecto de hardware aberto (OSHW) e software libre (FOSS) e podes adaptar as súas características ás túas necesidades: pórlle sensores, leds, cambiar a apertura do ángulo de xiro, a distancia que avanza... calquera cousa que se che ocorra.
3. É (por prezo) máis acadábel que outros robots educativos comerciais. Montar un escornabot pode custar menos de 20€ se sabes onde mercar os compoñentes (por internet). Este prezo non é o seu valor porque leva tempo de traballo e outros custes indirectos (especialmente a impresión 3D das pezas).
Texto collido de escornabot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.