venres, 25 de novembro de 2016

A Quinta contra a violencia de xénero


Hoxe, 25 de novembro, o alumnado de 4º de ESO quixo achegar o seu gran de area para denunciar a sumisión e a violencia á que se ven sometidas moitas mulleres simplemente polo feito de selo.

Para iso, representaron diferentes actitudes que se desenvolven habitualmente ao noso carón, que acontecen diante dos ollos da sociedade e que moitas persoas se negan a ver.
Tamén quixeron amosar actitudes positivas e de solidariedade.

Ao rematar, Andrés, alumno de 4º ESO A, dixo unhas palabras no nome del e dos seus compañeiros nas que explicou por que e para que son necesarias estas actividades.

O agradecemento que vos facemos hoxe por participar é moi especial, xa que consideramos que con esta actividade estades axudando a construír un mundo máis tolerante e igualitario.

Este vídeo vai adicado a todas as mulleres asasinadas, atacadas, ultraxadas e violentadas, que continuamente sofren abusos inxustos e desproporcionados.

Que nunca máis teñamos que falar do Día da Violencia de Xénero.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.