martes, 29 de novembro de 2016

Petiscos de aquí e de alá


Inauguramos unha nova actividade organizada polo Equipo de Normalización que ten moito que ver con noso proxecto (In)migrANDO.

Queremos convidarvos a un obradoiro de cociña que se impartirá o vindeiro xoves, 1 de decembro, en horario de 17:00 a 18:30 na cociña do CPI. Consistirá en facer unha receita dun país diferente ao noso para coñecer como se come noutras culturas.


Aquí vos deixamos a circular onde esta toda a información.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.