martes, 18 de abril de 2017

Presentación de 2º


Neste curso puxémonos en contacto co CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo) porque ten moito que ver co noso proxecto de biblioteca migrANDO.

A idea é facer actividades en conxunto para que o alumnado de ambas escolas se integren e coñezan as diferentes culturas e formas de vida nas que estamos sumerxidos.

Así que comezamos cunha pequena presentación do alumnado de 2º de primaria, con este vídeo.


           


Tamén escribiron unha carta despois dun traballo previo xa que a maioría era a primeira vez que utilizaban esta canle para comunicarse. 

De paso, coñeceron a oficina de correos do Rosal!



A clase de 2ºEP e a súa titora Gloria están desexando coñecer ao alumnado do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal.



Esperan pronto noticias!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.