martes, 23 de maio de 2017

O amigo invisible


Hoxe fixemos a actividade do Amigo invisible, na que agasallámonos uns aos outros unhas marabillosas e variadas lecturas. Logo de apuntar cadansúa proposta, o alumnado de 4º e o profesorado tivo que mercar ou agasallar cun libro ao amigo invisible que lle tocou. Cada participante recibiu unha flor para acompañar o libro. 
A xente estivo moi involucrada, incluso houbo un agasallo moi especial, porque un libro, o de Elena Plástica estaba totalmente personalizado. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta actividade. 
 Desde a Quinta dos Libros queremos dicirvos que as nosas portas sempre estarán abertas para vós e sempre seredes benvidos e benvidas!! 
 Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou nesta actividade.

       

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.