luns, 23 de outubro de 2017

Véspera do Día da Biblioteca

Hoxe comezaron as actividades previas á conmemoración do Día da Biblioteca. Seguindo o programa acordado e, coa axuda do voluntariado, a xornada consistiu en lembrar a importancia que ten que cada un de nós colabore no bo uso da biblioteca.






Presentamos o vídeo titorial, realizado por parte do alumnado voluntario, onde se explica o funcionamento da Quinta dos libros.












O alumnado de secundaria fixo un percorrido virtual, a través da aplicación Aurasma. Trátase dun sistema de realidade aumentada que, despois de capturar uns códigos situados nos andeis da biblioteca, mostra información sobre a organización dos libros.








E tamén xa comezamos a recibir as primeiras felicitacións.







Mañá esperámosvos a tod@s. 



"A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque nadie pode dicirnos que ler, cando e como".
Doris Lessing

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.