martes, 30 de xaneiro de 2018

A Quinta dos Libros pola Paz

Hoxe celebramos no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz con diversas actividades que referimos a continuación:

Cociñando pola Paz
Na materia de Relixión prepararon unhas receitas que inclúen uns ingredientes moi especiais...


Apadriña unha palabra
O alumnado de Secundaria elaborou unhas insignias con palabras alusivas á Paz que despois agasallaron aos compañeiros e compañeiras de Primaria.




Mulleres premio Nobel
Como ben sabedes, o proxecto deste curso "ELLA" xira en relación ao xénero feminino. Por iso quixemos facer unha exposición sobre as mulleres galardoadas co Premio Nobel da Paz. 
Esta vez a mostra está feita en caixas, coa información recompilada en cada unha das súas caras, co fin de que se poidan ver, coller e manipular


Recitamos pola Paz
Os nenos e nenas de 1º de Primaria recitaron na biblioteca o poema "Solo tres letras" de Gloria Fuertes.


"Se eu achase a palabra, 
 eu pintaría o planeta 
de paz e liberdade"
                              
                                                                      María Victoria Moreno

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.