xoves, 8 de febreiro de 2018

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O vindeiro 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Unha iniciativa da Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de promover a participación equitativa e plena de mulleres e nenas na ciencia, recoñecendo desta maneira o papel clave que o xénero feminino ten na comunidade científica- tecnolóxica.
Na Quinta dos Libros queremos sumarnos a esta conmemoración e para iso propoñémosvos o seguinte concurso:


Preme para ver as mulleres científicas que tedes que investigar. Toda a información está dispoñible nos libros do proxecto ELLA, incorporados durante este curso ao catálogo. As follas coas imaxes para relacionar con elas, estarán na biblioteca.
Animádevos a participar!


"Debemos entre todos asumir o compromiso de poñer fin aos prexuízos e de ofrecer máis oportunidades ás nenas e mulleres de participar na ciencia, para que as persoas poidan beneficiarse das súas innovadoras contribucións no futuro"
Secretario Xeral ONU, Antonio Guterres

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.