martes, 20 de marzo de 2018

CMAL

Hoxe abriu O Centro Médico de Asistencia Lectora para atender os primeiros doentes pola chegada da primavera. Sorte que contamos cun excelente cadro médico para receitar os libros curativos que acaben con calquera alerxia lectora.

Tamén houbo tempo para o inglés. Laura González, Ángela González, Raquel Castro e Javier Ferreira, de 4º de ESO, contaron o conto "The mole who wanted to know who had done that to her head" ao alumnado de 2º de primaria.


"Engancharse nas páxinas dun libro e recibir del a sabiduría, o pensamento, o sentido crítico, a reflexión sobre a vida, que é ao fin e ao cabo do que tratan todos os bos libros..."
Ángeles Caso

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.