Goya, Lucía, María, Dafne e Elisa realizaron dous experimentos sinxelos no Laboratorio Ángel Carracedo.
Arco da vella con cacahuetes
Para o primeiro experimento só empregaron cacahuetes con chocolate de cores, auga e pratos brancos.
Colleron os pratos, botaron a auga e colocaron os doces nos seus bordes. Ao pouco tempo, os colorantes comezaron a disolverse e a expandirse polo líquido, creando unha composición moi vistosa.
Extracción de ferro dos cereais
O segundo experimento consistiu en ver a cantidade de ferro que teñen os cereais, unha comida que nos aporta unha boa fonte de enerxía cada día. Para iso, trituraron os cereais e despois achegáronlle un imán para extraer o ferro que contiñan.
"Son das que pensan que a ciencia ten unha gran beleza. Un científico no laboratorio é tamén un neno colocado cara fenómenos naturais que lle impresionan coma un conto de fadas"
Marie Curie
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.