Tamén vos ensinamos as manualidades que fixo o alumnado de 5º para pór nos andeis da Quinta. En cada un deles, hai unha recomendación dun libro. Quedaron ben bonitos!
Por outra banda, esta mañá durante o recreo, a nosa experta de Secundaria en viñetas xaponesas impartiu unha sesión máis do obradoiro de manga.
Nesta ocasión, centráronse en ilustrar a versión infantil dun personaxe de anime , "chibi".
"Vivo estes tempos con curiosidade. Haberá cambios radicais, pero o libro, como tal, sempre atopará o seu modo de supervivencia".
Beatriz de Moura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.