Sete xornadas nas que aprenderon, principalmente, técnicas básicas para debuxar personaxes manga.
Na primeiras sesións - recorda Celia- estiveron coñecendo as proporcións do debuxo e tipos de anime, e xa nas últimas clases centráronse nos aspectos máis específicas do estilo (transformar un personaxe en "chibi", por exemplo).
Unha actividade que non só serviu para avanzar na creación de historietas de orixe xaponés, senón que tamén propiciou a formación de vínculos entre os asistentes.
Desexamos que para o vindeiro curso, poidamos seguir aprendendo de ti, Celia. Moitas gracias!
"Cando a información é compartida e se busca o mesmo obxectivo, flúen máis ideas e a creatividade é máis alta”.
Alba Caraballo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.