mércores, 16 de maio de 2018

Día das Letras Galegas 2018

A autora que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2018 é María Victoria Moreno. Escritora nacida circunstancialmente en Cáceres, pero que afirmaba ser galega xa que foi a terra onde viviu a maior parte do seu tempo. 
Sobre todo a terra e a lingua coa que se identificaba.


Exposición sobre María Victoria Moreno na entrada do centro
 A autora de Anagnórise decidiu defender e reivindicar a lingua galega, ata o punto de dar clases clandestinas da nosa lingua durante a ditadura.

Na entrada do centro estivo durante toda a semana unha exposición bibliográfica da escritora e, ademais, todo aquel que quixera podía deixar plasmado nas fiestras da biblioteca e corredores, manifestacións poéticas en lingua galega.

E Noemí, membro do club de lectura de adultos, déixanos a seguinte recomendación lectora:


" Por iso penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala."
 María Victoria Moreno

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.