Esta mañá, a autora de MURIEL chegou á Quinta dos Libros para resolverlle case todas as dúbidas ao alumnado de 6º de Primaria que recentemente leu o seu libro galardoado co premio Merlín 2017. E dicimos case porque, como ben explicou ela, gústanlle os finais abertos para que cada un dos lectores/as complete a historia.
Asinou no Libro de Honra e tamén en cada un dos nosos exemplares de Muriel.
"O máis importante non é gañar premios, senón que lle guste o libro aos lectores".
María Canosa
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.