luns, 26 de novembro de 2018

25 N Día Internacional contra a violencia de xénero

A nosa compañeira Ana Chamosa, mestra de galego de ESO, elaborou un programa na nosa radio "A Voz da Mata" co alumnado de 4º da ESO. 
No programa revisan diversos titulares de prensa sobre a violencia de xénero e recollen testemuñas de varias mulleres maltratadas, entre elas unha rapaza de 18 anos. Tamén nos dan consellos para evitar e detectar a violencia machista.
Ademáis do programa da radio, fixeron unha montaxe de vídeo que mostramos este luns no recreo para que toda a comunidade educativa reflexione sobre este tema e como homenaxe a todas as mulleres maltratadas. 
Moi bo traballo! 
Moitos parabéns!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.