xoves, 8 de novembro de 2018

Escape Room

O Escape room é un xogo de aventura física e mental que consiste en pechar un grupo de xogadores nunha sala, na que deben resolver crebacabezas de todo tipo para desvelar unha historia e fuxir antes de que finalice o tempo dispoñible. Cada xogo pódese configurar nun mundo completamente diferente, naves espaciais, bunkers militares, a gorida dun asasino en serie, a oficina do director dunha escola e unha infinidade de temas máis.
A semana que coincidiu co Halloween, o alumnado do terceiro ciclo de primaria, puido gozar dun escape room organizado polos Axudantes de biblioteca de 6ºB.
Este equipo de axudantes, composto por 16 membros e a organizadora da actividade, Goya, estiveron traballando moito durante mes e medio e  conseguiron un éxito total entre os seus participantes.
A historia é sobre unha nena chamada Amelie, que desapareceu hai moito tempo no seu primeiro día de cole… Afortunadamente, todos os participantes resolveron todas as probas a tempo e atopárona sa e salva.



Agradecer os axudantes de biblioteca o esforzo posto nesta actividade e darlles a noraboa polos resultados obtidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.