martes, 20 de novembro de 2018

Seguimos co mes da ciencia na biblio!

Desde a biblioteca a pasada semana os alumnos de 6º A tiveron unha mañá divertida no laboratorio da ESO. O profe Ramón foi o encargado de ensinarnos o acuario que teñen, que por certo é enorme. Mide dous metros de largo, con moitos tipos de peixes tropicais: uns eran limpa-fondos, peixes cebras, combatentes, platis, bobies..., as plantas son todas naturais e as pedras de distintas cores para que os peixes se camuflaran.. No acuario tamén había unha especie de caixa que xiraba e dáballe de comer aos peixes. Noutro acuario crían unhas pequenas gambas.
O que máis lles chamou a atención foi o areeiro.
A area estaba proxectada cun kineckt da Xbox, estaba superchula. Cando a area se movía, as cores cambiaban. Se puñas a man proxectábase a chuvia e formábanse pequenos lagos. Se a montaña
era moi alta no cume nevaba.

Descubriron que coa area se pode aprender de maneira divertida.
Moitas grazas Ramón!  


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.