xoves, 31 de xaneiro de 2019

Cine na Quinta para ESO

O xoves, día 7 de febreiro, na nosa biblioteca haberá unha sesión de cine para o alumnado de Secundaria.
A película vai ser "Jurassic World 2", película estadounidense de ciencia ficción e aventuras, estreada en 2018. É a quinta entrega da saga de Parque Xurásico. Está dirixida por J. A. Bayona. 
Quedaremos a xantar no colexio e veremos a película.
O alumnado poderá utilizar o transporte das actividades extraescolares ou que os recollan as familias, no centro.
Se queres acudir tes que solicitar a autorización a Loli, Merce ou na propia biblioteca.
A data límite para entregar as autorizacións é o luns 4 de febreiro. 
É moi importante que se queredes usar o autobús indiquedes a parada na que vos deixa. É un dato que necesitamos para organizar o transporte. 
Esperamos que gocedes coa proxección da película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.