martes, 29 de xaneiro de 2019

Contacontos en galego e en inglés

Tivemos a sorte de contar con Charo Pita e Patricia Macgill, na nosa escola. Esta actividade que foi organizada dende o equipo de normalización, o departamento de inglés e a biblioteca, estivo destinada ao alumnado de ESO distribuido en varias sesións, ao longo da xornada de mañá, do pasado mércores 23 de xaneiro. 
Estas dúas actrices, ofrecéronnos un marabilloso contacontos, que de forma moi astuta e amena, van narrando en galego e en inglés. 
Foi moi divertido e educativo. Tanto alumnado como profesorado gozou desta actividade.
Moitas grazas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.