mércores, 23 de xaneiro de 2019

Cine na Quinta

O xoves, día 31 de xaneiro, na nosa biblioteca haberá unha sesión de cine para o alumnado de Primaria.
A película vai a ser "Sherlock Gnomes", É unha película de comedia de animación, do 2018 dirixida por John Stevenson. A película comezará ás 16:30h e rematará ás 18:00h.
O alumnado poderá utilizar o transporte das actividades extraescolares ou que os deixen e os recollan as familias, no centro.
Se queres acudir tes que entregar a autorización que se repartiu hoxe polas aulas, a túa titora, con toda a información requerida. 
A data límite para entregar as autorizacións é o luns 28 de xaneiro. 
É moi importante que se queredes usar o autobús indiquedes a parada na que colledes o autobús e a parada na que baixarás para voltar a casa, é un dato que necesitamos para organizar o transporte. 
Esperamos que gocedes coa proxección da película!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.