xoves, 21 de febreiro de 2019

Concurso de bandas sonoras

O mércores 20, no recreo, tivemos un concurso de bandas sonoras, organizado por Loli, Bea e Carlos. 
Participaron 81 alumn@s de 5º, 6º de Primaria e Secundaria. 
Os nos@s alumn@s demostraron ter un grande coñecemento do mundo do cine!
Tiveron moitos acertos!
Temos xa os gañadores....
De Primaria temos dous equipos gañadores, xa que tiveron o mesmo número de acertos:
Nico Portela e Manu Rodríguez!
Ayleen Pinto e Andrés González!
PARABÉNS!
En Secundaria temos que facer unha gran final de desempate, porque 7 alumn@s acertaron 18 películas das 20 propostas. O venres no recreo sairemos de dúbidas!

Grazas a tod@s pola vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.