luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro en Galiza. 
Este ano, xunto co Equipo de Normalización Lingüística, realizamos varias actividades. 
Por un lado, gravouse un programa de radio, do que se fixo unha montaxe audiovisual, que podedes ver a continuación, e que se proxectou na pantalla da entrada da escola. 
Por outra banda, alumn@s de 4ºESO e Tomás, musicaron diversos poemas de Rosalía. 
Foi moi bonito. Podedes ver un anaco a continuación.

Rosalía é, e será, a nosa escritora galega por excelencia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.