Para celebrar o Día mundial da poesía tivemos o privilexio de contar no centro con Antonio García Teijeiro, galardoado recentemente co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Acompañounos durante toda a mañá e impartiu un Obradoiro de poesía ao alumnado de 4º de primaria, no que fixeron un poema moi fermoso.
A continuación, no recreo, recitounos varios dos seus poemas e presentounos o seu amigo MAAAARTIÑO!! Esta parte da sesión foi aberta a todo o alumnado do centro.
Para rematar o día, foi entrevistado na radio por catro alumn@s de 4º de primaria: Daniela, Antía, Uxía e Nicolás.
Podedes escoitar a entrevista a través do ivoox de a Voz da Mata ou premer neste enlace.
Estamos moi agradecidos por todo o vivido nesta gran xornada de convivencia e poesía!
MOITAS, MOITAS GRAZAS!
Ademais destas actividades, @s alumn@s de 2º de primaria coñeceron a Antonio en persoa e despois, xa na súa aula, escribiron poemas nunha folla, fixeron papiroflexia (avións), decoráronos e botáronos a voar no xardín da biblioteca.
Cada alumn@ levou a súa poesía feita para a casa. Unha poesía feita por outro compañeir@, metidiña dentro dun avionciño de papel.
QUE DÍA TAN XENIAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.