Volvemos das vacacións con máis enerxía ca nunca e coa celebración do DÍA DO LIBRO!
Sabedes por que se celebra un 23 de abril?
Seguro que algúns si, pero como é un dato moi curioso ímolo contar!
O 23 de abril de 1616 morreron tres grandes escritores, Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
En conmemoración, desde a nosa biblio, fixéronse varias actividades:
APADRIÑAMENTO LECTOR:
Actividade que levamos moitos anos a facer, que consiste en que un maior lle le a un alumno máis pequeno. Nesta ocasión fíxose desde o voluntariado de 5º e 6º, ao alumnado de 1º e 3º de Primaria
CONTACONTOS MUSICADO:
O alumnado de 4ºA de Primaria repetiu o contacontos musicado, representado hai uns días no CRA. Nesta ocasión, para o alumnado de 3ºESO.
O contacontos baseouse no libro de poemas "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro e a música correu a cargo de Héctor Varela, que nos deleitou co seu violín eléctrico!
VÍDEO CONTO:
Membros do club de lectura de secundaria de O LIBRAKO, quixeron compartir con todo o centro a lectura do álbum ilustrado Lúa crecente, tempo de... Sementes, de Sonia García, acompañado da música de Álvaro Buxeiro.
Hoxe, tanto no recreo como na hora de ler, puidemos gozar del na entrada do centro. Unha preciosidade!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.