venres, 26 de abril de 2019

Intercambio de contacontos

Desde hai xa varios anos, vimos a desenvolver unha actividade conxunta co Equipo de normalización lingüística do CPI e co do CRA María Zambrano. A actividade consiste nun intercambio de contacontos. Desde o CRA, acoden mestres contar contos a 1º, 2º e 3º de Primaria, e desde o CPI, acudirán alumnos e voluntarios da biblioteca a todas as aulas do CRA. 

O contacontos do que gozaron os alumnos de 1º de Primaria correu a cargo do profe MONCHO, da escola de Fornelos, e o título elixido foi " Nin Laranxa, nin lila". Ademais, explicoulles como facer copias con xelatina! 
Moitas grazas. Encantounos!


O alumnado de 2º gozou dun conto narrado pola mestra BEA, e o título elixido foi "O que máis doe do mundo".
Pasárono xenial intentando adiviñar que é o que máis doe no mundo.
Moitas grazas, Bea!


O alumnado de 3º gozou co contacontos do profe Manolo, da escola de Pías. Contoulles dous contos: "O que máis doe no mundo" e "A nai do heroe". Pasárono moi ben. 
Moitas grazas, Manolo!


Para a semana que vén, continuará o intercambio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.