mércores, 8 de maio de 2019

Continuamos con intercambio de contacontos!

A semana pasada, a mestra Bea do CPI, estivo na escola de Tabagón facendo un contacontos, dentro do ciclo de intercambio que se está a levar a cabo desde o noso centro e o CRA María Zambrano.
O conto elixido foi "Moncho e a Mancha"

No CPI tivemos a visita das mestras Rebeca e Bea, que lle contaron ao alumnado de 1º o conto "Nube branca quere ser astronauta"
Foi fantástico!
Moitas Grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.